top of page
Master Class de Zumba e
Master Class de Danza urbana

A partir das 11 horas desfrutaremos dunha clase aberta a participación de todos os intersados de unha Master Class de Zumba con Angie Ojea na Praza do Concello.

 

Logo seguiremos con unha Master Class polas ruas de Agolada de Danza urbana dirixida por Marta Maceira e tamén aberta a participación de todos os interesados.

Día 11-Actividades

Malla Tradicional e actuación da agrupación de música tradicional Son´s da Mina

Poderedes desfrutar dos antigos traballos da malla tal e como se facían en toda Galicia e tamén en Agolada.

 

Os veciños de Agolada recrearán parte dos duros traballos que antiguamente facían os noso pais en menor medida e todos os nosos avós.

 

Agardámosvos no entorno da Praza da verdura (Pendellos) preto da Casa e Praza do Concello...non ten perda... 

Maxia con Dani Polo

A maxia non ten idade e dende esa premisa podedeves vir a desfrutar dun espectáculo único a celebrar en Agolada dentro desta nosa XIX Mostra de Artesanía.

 

A entrada e gratuita e o espectáculo paga a pena...anímate e ven a divertirte cos teus amigos, familiares etc...

 

Bico da Balouta
    Música Tradicional Galega

Tras da Maxia da tarde e para poder dgustar uns viños e pinchos nos bares de Agolada, que os hai e bos, amenizaremos o noso atardecer con una actuación especial dos nosos amigos e grandes artistas da agrupación Bico da Balouta, que desenrolaran o seu saber facer  no noso Concello.

 

Romaría Medieval

A partir das 22:30 horas e tras o de seguro excelente concerto e actuación de Bico da Balouta, teremos un ano máis nas proximidades do recinto de Os Pendellos da xa tradicional Romaría Medieval de Agolada, onde aqueles que se acheguen vestidos como os nosos medievais antergos, poderán degustar de xeito gratuito, pan de millo con torresmos, viño e queimada....

 

Xa o sabes, vístete de acordo aos tempos medievais e ven a desfrutar dunha xenial noite maxica en Agolada...e non te esquenzas de que nos acompañará outro excelente grupo musical de renome...sigue lendo o seguinte cadro...

Quempallou
 

Actuación que nos acompañará dende case o inicio da  Romaría Medieval e ate as copas de madrugada.

 

Con máis de doce anos de traxectoria artística, Quempallou é unha das bandas máis representativas do folk galego, levando a festa por bandeira en cada concerto, pero sen esquecer unha clara mensaxe de compromiso social.

Eles fan música de raiz dende un punto de vista actual, sen complexos nin ataduras, tendo sempre claro as súas orixes pero mirando cara adiante en todo momento. Claro reflexo son os seus traballos discográficos, nos que se observa unha constante evolución musical, coa que acadaron un son propio e característico. Dende aquel primeiro “Quempallou”, e a música tradicional como base, pasando por “Estremonías” e a forza da palabra, chegando a “Polo Aire”, cunha importante madurez musical, composicións propias e coidados arranxos.

Agora presentan o seu novo e agardado traballo discográfico “Vellas Novas”, que cunha estética baseada no mundo do xornalismo, contén composicións propias e tradicionais ao máis xenuino estilo de Quempallou. “Vellas Novas” é un traballo cargado de matices sonoros e cunha gran dose de influencias musicais, que chegan dende a experiencia dun grupo que leva máis de doce anos en escena. Como é habitual en Quempallou, o disco asenta unha fonda raíz na tradición musical galega, a partir da cal, constrúe arranxos, adapta letras e crea novas composicións. Así conseguen unha sonoridade característica, apoiada nas percusións tradicionais, o acordeón e as cordas, sobre o que camiñan frautas, gaitas, e sobre todo a voz.

       

Gozade pois coa fresca proposta de Quempallou e deixádevos levar pola forza da súa música e da súa palabra. Ide gustosamente a canda eles...

...e  lume no peito!!

 

MÁIS INFORMACIÓN DO GRUPO AQUÍ

bottom of page